Parabéns á ponteareá Melania Rodríguez, campioa de España absoluta en Dobre Minitramp e bronce en trampolín

Parabéns á ponteareá Melania Rodríguez, campioa de España absoluta en Dobre Minitramp e bronce en trampolín

 

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere felicitar en nome do Goberno local á ponteareá Melania Rodríguez Muñoz, integrante do Club Ximnasia Burgas, que vén de facerse co título de campioa de España absoluta en Dobre Minitramp e de conseguir a medalla de bronce na categoría absoluta en Trampolín na competición disputada a pasada fin de semana en Ourense.

 

Uns magníficos resultados que reflicten “o enorme traballo diario que hai detrás de todas e todos os deportistas de alto nivel, que se esforzan en cada adestramento para superar todos os límites”.

 

O Goberno local quere trasladarlle ademais os seus mellores desexos para a vindeira cita no Campionato do Mundo absoluto que se celebrará en Bakú (Azerbaixán) do 18 ao 21 de novembro, onde competirá en trampolín e dobre minitramp.