Papá Noel visita o Campus-Tea Nadal

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas en colaboración coa empresa xestora do Campus-Tea sorprendeu aos 92 alumnos e alumnas coa visita de Papá Noel que repartíu sorrisos, agarimos e caramelos entre os máis pequenos e pequenas. 

Dende as nove da mañá e ata as dúas da tarde o Campus-Tea Nadal facilita a concilacion laboral das familias en tempada de vacacións escolares. Ademais, ofrece a posibilidade de aula matinal dende as sete e media da mañá e a aula de tarde ata as catro da tarde.