Papá Noel repartiu ilusión cos xoguetes solidarios en Ponteareas

Papá Noel Papá Noel visitou Ponteareas en días pasados, a petición da Concellería de Servizos Sociais. Nun acto pechado ao público en xeral, Papá Noël e un pequeno colaborador de tres anos, repartiu entre os 101 nenos do Centro de Reparto de Alimentos xoguetes que foran doados por familias ponteareás.
Esta xornada onde a ilusión, os nervios, o balbordo… son a tónica xeral contou coa colaboración dun grupo de voluntarios que limparon, revisaron e empaqueteron os regalos. Voluntarios que ao longo do ano desempeñan un traballo silencioso e calado no CRA-Ponteareas. Alí entréganse alimentos, roupa, etc aos beneficiarios que así o solicitan e que empresas e particulares fan chegar ás súas dependencias. Estas accións poñen de manifesto o que día a día desde a Concellería de Servizos Sociais se repite unha e outra vez e que é que a xenerosidade e o compromiso dos ponteareáns non ten límite, que Ponteareas é unha vila solidaria, un pobo que comparte, que acolle e fai súas as dificultades daqueles a quen a crise lles afecta especialmente.
O Centro de Reparto de Alimentos fará unha recollida de alimentos o proximo día 31 de decembro durante a marcha que sairá da Praza Maior, ás 17:00 horas.