Os tramos alfombristas dispoñen de contedores específicos para depositar os restos vexetais

dav

Ás portas da celebración do Corpus Christi de Ponteareas, o goberno fai un novo exercizo de responsabilidade medioambiental e coloca dezaoito contedores diante dos portais alfombristas para que únicamete se depositen restos vexetais derivados dos traballos que realizan os alfombristas.

Deste xeito evítase que este lixo se mesture con restos orgánicos, plásticos ou outros materiais e facilita o seu posterior depósito na empresa ponteareán Ecocelta para a súa reciclaxe.

Rotulados e debidamente identificados son de uso exclusivo para os alfombristas, tendo que seguir o resto da cidadanía usando o resto dos contenedores como calquera outro día do ano.

Na pasada edición e por iniciativa do concelleiro de Medio Ambiente e Alcalde, Xosé Represas,FCC procedeu a depositar tres metros cúbicos de restos florais nas instalacións da empresa ponteareán Ecocelta para o seu tratamento. 

Os restos florias sumaránse aos recibidos ao longo do ano dos restos da poda municipal para obter un compost ecolóxico composto por un 40% de restos vexetais  contribuíndo ademais a xerar unha economia circular.
O operativo de limpeza especial Corpus intensifícase o sábado cun turno especial de limpeza que faga fincapé nas rúas dos tramos alfombrados, tamén se retirarán os contenedores que hai neste percorrido e se habilitará unha segunda cisterna de apoio para o valdeo das rúas. Durante estes días, procedeuse a limpar as rúas mediante decapadora para obter unha limpeza máis a fondo.


Deste xeito, unha barredora, un camión de recollida de lixo de carga traseira, outro de carga lateral para evitar traballar de noite, dúas cisternas e o incremento de persoal de apoio para o equipo de barrido traballarán dende ben cedo o sábado pola mañá.
A empresa encargada do servizo da limpeza asegura que o luns día 19 traballarán dende as seis e media da mañá para para garantir a limpeza total da vila o antes das doce do mediodía.

Falsa árnica, tuia, carqueixa, casca de piñeiro, casca de arroz, hortensia, caravel, rosa desidratada, xesta, mimosa, coca de eucalipto e carballo e sementes de todo tipo, entre outros materiais naturais darán arrecendo á noite de Corpus cubrindo as rúas do centro urbano.