Os socorristas contratados polo concello xa traballan na Freixa

Os dous traballadores contratados polo Concello de Ponteareas velan pola seguridade dos veciños e veciñas que se bañan no río ao longo destes meses estivais

socorristas-1Os dous traballadores contratados polo Concello de Ponteareas para vixiar aos bañistas da Freixa durante os meses de verán están dende esta semana traballando na praia fluvial ponteareá.

O alcalde ponteareán, Xosé Represas, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, achegáronse até a área recreativa para facerlles entrega das camisetas oficiais coas que desenvolverán o seu labor. A contratación deste servizo de socorrismo, que estará activo de luns a domingo en horario de 12:30 a 20:00 horas, prodúcese grazas a unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que conta co apoio do Fondo Social Europeo.socorristas-2

Os contratos teñen unha duración de 3 meses, sendo a xornada completa e baixo a modalidade de “contrato de traballo de duración determinada de interese social”. As retribucións serán as correspondentes á categoría de Socorrista no Convenio Colectivo do Concello de Ponteareas. O consistorio contou tamén coa colaboración de Insdega XXI, empresa concesionaria da xestión da piscina municipal.