Os servizos de emerxencia do Concello de Ponteareas atenden as consecuencias do temporal

Os servizos de emerxencias da Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas atenderon as incidencias acontecidas no día de onte e hoxe por mor do temporal. 

As balsas de auga en determinados puntos e árbores caídas que imposibilitaban o tráfico foron os principais motivos para o corte de distintos tramos de estradas como a de Guillade que se cortou por unha balsa de auga que puña en perigo a circulación ou a da Freixa hacia o Pardellas ou a de Moreira na zona das vivendas así como a zona da Moscadeira que permaneceu pechada por precaución.

Dous reténs dos bombeiros e outro de Protección Civil coordinados dende base polo xefe dos bombeiros e pola Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, os bombeiros atenderon tamén unha excarcelación nun accidente de tráfico acontecido no Concello de Covelo ás 21 horas por unha saída de vía. Os voluntarios de Protección Civil tamén tiveron que atender un derrubamento de terra na zona de Lentilla do Concello de As Neves. 

Os servizos de Medio Ambiente tamén estiveron activos para atender incidencias en garaxes anegados.

Ata os puntos de incidencias tamén se achegaron o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde e Concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote.

No día de hoxe os bombeiros de Ponteareas procederon á retirada de árbores que cruzaban as estradas e revisaron xunto a técnicos de medio ambiente as estradas do Concello para comprobar que todas estaban no estado correcto.