Os restos florais do Corpus convertiránse en compost ecolóxico

Por iniciativa da Concellería de Medio Ambiente que dirixe o Alcalde Xosé Represas, a empresa de recollida de lixo e limpeza FCC ven de depositar tres metros cúbicos de restos florais nas instalacións da empres ponteareán Ecocelta para o seu tratamento. 

Por segundo ano consecutivo, o goberno fai un novo exercizo de responsabilidade medioambiental entregando estes residuos orgánicos para que sexan xestionados por profesionais.

Os restos florias sumaránse aos recibidos ao longo do ano dos restos da poda municipal para obter un compost ecolóxico composto por un 40% de restos vexetais  contribuíndo ademais a xerar unha economia circular.

Estas iniciativas camiñan na liña dos obxectivos marcados na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” para un futuro sostible, responsable e participativo.