Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas de Ponteareas este mércores 5 no auditorio municipal

Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas de Ponteareas este mércores 5 no auditorio municipalSerá a partir das 18.00 h con todas as medidas de prevención

 

Os Reis Magos adáptanse un ano máis á situación sanitaria para achegarse aos nenos e nenas de Ponteareas de xeito seguro. Por este motivo, nesta ocasión o Concello transformará a tradicional cabalgata nun encontro cos cativos e cativas a partir das 18.00 horas no vestíbulo do auditorio municipal este mércores 5 de xaneiro con todas as medidas de prevención.

 

“Ante a actual situación sanitaria este ano non haberá cabalgata por precaución, pero non queriamos que os rapaces e rapazas da vila tiveran que renunciar a unha xornada de maxia e de ilusión. Un ano máis non poderán ver pasear ás súas Maxestades polas rúas, pero gozarán da súa visita priorizando a saúde de todos e todas”, salientou o concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó.

 

Para garantir a seguridade de todas as persoas, haberá unha fila no exterior das instalacións na que se deberá gardar a distancia de seguridade e control de acceso para garantir o bo desenvolvemento da recepción das súas Maxestades. Ademais, cada neno e nena poderá acceder ao recinto acompañado dunha soa persoa adulta para recibir de mans dos Reis un obsequio e caramelos sen glute.

 

Para amenizar a tarde, dende as 17.00 horas haberá animación nas rúas na contorna do auditorio municipal.

 

A visita dos Reis Magos a Ponteareas comezará xa o mércores 5 pola mañá coa recepción oficial aos Reis Magos na Casa do Concello ás 12.00 horas.