A Ludoteca Municipal vén de organizar dúas xornadas nas que varios rapaces e rapazas que participan tiveron a oportunidade de coñecer máis polo miúdo a omundo da micoloxía e as súas particularidades. Os nenos aprenderon a imporancia que teñen os cogomelos no ecosistema ao que pertencen, as posibilidades culnarias que estes ofrecen e os criterios principais a ter conta á hora de saber cales son velenosa e cales non.
As xornadas tamén serviron para que as monitoras indicaran aos cativos cales son as especies autóctonas de árbores desta zona e que tipo de plantas poden ser utilizadas na cociña para a alebaoración de diferentes pratos.
A Ludoteca Municipal de Ponteareas ofrece actividades lúdicas e educativas a rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos. O prazo de inscrición segue aberto, polo que todas as persoas interesadas poden informarse no número de teléfono: 986 66 17 53.