O 15 de xaneiro comenzou a aplicación obrigatoria da Lei de Factura electrónica. O Concello de Ponteareas está adherido o Punto de Entrada de Facturas Electrónicas (FACe). Todalas Administracións Públicas teñen que recibir dende esa data de forma obrigatoria as facturas dos seus proveedores por vía electrónica, dacordo co que establece a Lei de Impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable. Tan só podrán quedar excluidas da obrigatoriedade as facturas con importe inferior a 5.000 euros que serán entregadas no Rexistro de facturas do Concello.
Trátase dun cambio histórico na facturación das Administracións Públicas e un importante avance na Administración Electrónica, para o cal o Concello de Ponteareas xa está actualizado. Grazas a este sistema, todas as facturas dos proveedores quedarán rexistradas de forma que estes verán axilizada a tramitación das mesmas.
A facturación electrónica supon para os proveedores un reforzamento da sua protección, xa que o novo sistema permite deixar constancia da data de presentación da factura e mellorar o seu control.
O Concello de Ponteareas habilitou na súa páxina web www.ponteareas.es un acceso a introducción das facturas vía electrónica, así como información dos códigos que os proveedores deben utilizar e que corresponden exclusivamente ó Concello de Ponteareas.