Os ponteareáns empregan cada vez máis o Punto Limpo de Ponteareas

Punto Limpo PonteareasCada vez son máis os pontereáns que usan o sevizo de recollida do Punto Limpo para desfacerse daqueles enseres que xa non utilizan ou para depositar os residuos considerados perigosos. Segundo os datos facilitados pola empresa concesionaria do servizo ao Concello de Ponteareas, desde xaneiro a decembro do 2014,  produciuse un aumento dun 19% de usuarios do Punto Limpo de Ponteareas, cun número de 1582 usuarios, xestionándose un total de 241 toneladas de residuos.

Entre os residuos recollidos, pódense destacar por maior número de toneladas os  neumáticos, plástico, roupa, cascallos, etc. En segundo lugar, estarían os cualificados como voluminosos, entre os que se encontran os mobles,  sofás ou colchóns entre outros, dos cales os seus propietarios querían desfacerse, seguidos dos equipos eléctricos, como frigorificos monitores, televisións, etc. Finalmente, en último lugar estarían os residuos perigosos, como aceites de automoción, pilas ou baterías, entre outros, que con posterioridade son entregados a un xestor autorizado.

Este aumento de usuarios do servizo, segundo o goberno local, vén salientar o interese e a concienciación cada vez maior da cidadanía de Ponteareas con respecto á recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario e que necesitan unha xestión específica como poden ser os produtos perigosos ou contaminantes para o medio ambiente como pilas, disolventes, etc. Igualmente, é tamén necesario facer fincapé en que todas aquelas persoas que se queiran desfacer dos seus enseres se poñan en contacto co Punto Limpo (teléfono 986640307) para depositar estes residuos no lugar, día e horario establecido e non depositalos directamente na rúa sen aviso previo, o que prexudica o servizo, ademais do efecto antiestético que supón.