Os Picurruchos de Lugo gañan o L Concurso de Gaitas do País

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas agradece a tódolos participantes do L Concurso de Gaitas do País o espectáculo ofrecido nas rúas e auditorio municipal. Os membros do xurado acordaron que Os Picurruchos de Lugo resultasen gañadores desta edición, quedando no segundo posto Virutas de Ébano de Vigo e en terceiro e cuarto lugar Maraghotas de Vigo e Mutatis Mutandis De Santiago.