Os nenos e nenas de Ponteareas gozarán de 12 xornadas de xogos nos centros culturais este mes

O Concello organiza distintas actividades e obradoiros para “ofrecer lecer aos pequenos sen que teñan de saír da súa parroquia”

 

Ponteareas acolle hoxe unha xornada de xogos e obradoiros no Centro Cultural de Celeiros. É a primeira das 12 que percorrerán o municipio durante este mes de setembro, e que continúan o programa lúdico nos centros culturais que xa se realizou en agosto. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, sinalou que con estas actividades “queremos que todos os nenos e nenas de Ponteareas poidan gozar xogando sen saír das súas parroquias”. Ademais indicou que estas xornadas se realizarán soamente nas casas culturais que comunicaron o seu interese para acoller estes xogos. Todas se realizarán co mesmo horario: de 17.30 h a 19.00 h.

 

Ademais da xornada de hoxe, o C.C. de Celeiros ofrecerá máis actividades mañá, os vindeiro venress 10 e 27 o C.C. Bugarín recibirá aos pequenos e pequenas. A quenda do C.C. Arnoso será os días 10 e 28, a do C.C. Angoares os martes 14 e 21, a do C.C. “Os Muíños de Oliveira” os mércores 15 e 22, e a do C.C. Prado os venres 17 e 24. 

 

Para reservar entradas nestas xornadas será preciso contactar coas directiva dos centros culturais. A actividade é de balde e está aberta aos nenos e nenas maiores de 5 anos. O edil de Cultura engade ademais que o setembro de xogos está organizado gardando especial atención ás normas sanitarias.