Os nenos de Ponteareas gozaron durante o mes de xullo de variadas actividades e obradoiros na Ludoteca municipal de Ponteareas

hípicaDe luns a xoves, en horario de mañá, alternaron catro grupos de nenos e rapaces, comprendidos entre os 6 e os 13 anos, en dúas quendas cada día.

Nestes horarios desenvolvéronse obradoiros de xogos grupais, xogos de pistas e de paracaídas, algúns realizados na propia ludoteca e outros en parques como As Pombas, A Perillana, San Roque, etc.

Ademais leváronse a cabo manualidades, coa confección de “paus de chuvia”, un instrumento musical, e botellas e tarros de vidro pintados con laca. Realizáronse tamén obradoiros de cestería ecolóxica coa confección de cestos de bimbio e outros de perruquería e estética, mediante dous obradoiros diferentes: un, de maquillaxe de caracterización para os grupos de nenos máis maiores e outro, para os peques, que consistiu na elaboración dunha mascara facial feita con produtos naturais. Xunto a estes, houbo actividades de expresión musical e corporal, relacionadas co teatro, aprendizaxe de cancións, etc, así como un obradoiro de repostería.

Participaron en varias saídas á Biblioteca Pública e ao Museo Municipal onde coñeceron os vestixios históricos e prehistóricos da nosa cultura e, con persoal da Ludoteca e Biblioteca, realizouse un percorrido histórico polas rúas de Ponteareas, amosando feitos curiosos e datos sobre os persoeiros ponteareáns máis importantes e influintesObradoiro medio ambiental

Os venres adicáronse aos obradoiros medioambientais cos adolescentes, entre 12 e 15 anos, que fixeron diferentes percorridos para coñecer eidos como o da apicultura, o coñecemento de animais como o lobo, o xabarín, os cabalos ou cabras, e tamén o campo das herbas medicinais “in situ”. Visitáronse tamén os petroglifos e montes de Gargamala, pertencente ao concello de Mondariz, así como mámoas e as augas medicinais de Sabaxáns.

Leváronse a cabo tamén  rutas medioambientais entre o Parque de San Roque e a Moscadeira, onde observaron as diferentes tipos de árbores, escoitaron os sons da natureza, e participaron nun adestramento de cans de rescate. A parroquia ponteareá de Areas foi tamén obxecto da visita, onde puido contemplarse a capela e o Pazo de San Brais, onde coñeceron o xeito de vivir antiguo.

A Hípica Char de Ponteareas ofertou tamén o seu recinto e os rapaces da ludoteca puideron gozar dunha xornada hípica, montando todos eles a cabalo e, despois, bañáronse na praia da Freixa.