Os máis pequenos poden desfrutar do verán na ludoteca

A concelleira de Benestar Social e Mocidade, Verónica Carrera, informa de que.hoxe e mañá estará aberto o prazo para os nenos e nenas de 6 a 12 anos que queiran aprender xogando na ludoteca municipal. A inscrición realizarase nos seguintes horarios na propia ludoteca da Avda. Castelao: de 09:30 a 14:00 ou de 16:00 a 20:00 horas. 

A ludoteca municipal ofrece os seus servizos todo o ano para axudar ás famílias a conciliar a vida laboral e familiar e facer que os máis cativos e cativas medren xogando.