Os maiores da Residencia Santa Ana de Ponteareas tamén viviron activamente o Entroido

Entroido na Residencia de Maiores Santa AnaOs maiores da Residencia Santa Ana de Ponteareas, cheos de espírito xuvenil, alegre e participativo, viviron activamente o Entroido, disfrazándose do xogo do parchís, disfraz escollido por ser un entretemento habitual das súas horas de lecer. O persoal da residencia involucrouse activamente nesta celebración, ambientando a residencia con motivos de Entroido para animalos e incentivalos a vivir eses días con ilusión e mesmo lles confeccionaron os disfraces, ademais de prepararlles para ese día unha comida e postres tradicionais desta época de Entroido.

A concelleira de Servizos Sociais e Muller, Rosa Carrera, acompañounos nese día para ser partícipe de cómo se disfrazaban, saudalos e animalos a  continuar coa mesma ilusión e desexarlles que pasasen un feliz día de martes de Entroido.