Os Magos de Oriente e o Tren da Ilusión repartirán maxia e ledicia en Ponteareas

Ponteareas prepárase para acoller a chegada dos Magos de Oriente que repartirán maxia e ilusión este sábado día 5 a partir das cinco da tarde.

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, informa que ás 12 horas do sábado os Magos de Oriente estarán na Casa do Concello para saudar a todos os presentes e ser recibidos polo Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e xa ás 16:30 horas darase paso á festa coa animación que encherá de ledicia as rúas e prazas do centro urbano. Tremiñado, os Ranchos de Reis, a rondalla do Centro Cultural de Valladares e os performance de Pablo Méndez serán algúns dos ingredientes desta tarde festiva na que tamén colaborarán a Asociación Cultural Clásicos e Históricos do Condado lucindo os seus fermosos vehículos e o Club Ciclista Ponteareas que se porá ao servizo dos Magos de Oriente.

A saída do desfile dos Magos de Oriente será como de costume dende o CEIP Fermín Bouz Brey ás 17 horas hacia a rúa Rosalía de Castro pasando pola Casa do Concello e continuar polas rúas Constitución, Oriente, Praza Maior, Arxentina, Fernández de la Vega, Reveriano Soutullo, de novo Constitución, Praza Maior, Esperanza e Morales Hidalgo para rematar no auditorio municipal donde todas as pequenas e pequenos recibirán da man dos Magos de Oriente un agasallo. 

Unha vez completado o aforo as familias irán entrando cada vinte minutos para que ningún dos cativos e cativas de Ponteareas quede sen o seu agasallo de Nadal.

Ao longo do seu percorrido os Magos de Oriente repartirán máis de tres mil quilos de caramelos sen glúten. 

O Concello quere agradecer a colaboración das comunidades de montes e dos ranchos de Reis de Forzara, Guláns e os Muíños de Oliveira, da Asociación de Coches clásicos de Ponteareas, da banda de gaitas Tremiñado, da rondalla e dos voluntarios en xeral que acompañarán este séquito real que irá franqueado de bonecos articulados, entre outras sorpresas.

A Concellería de Seguridade Cidadá desplegará aos seus efectivos, polícia local, bombeiros e protección civil, que velarán polo bo desenvolvemento da actividade festiva.

O tren da ilusión

O tren da ilusión invadirá ás rúas do centro urbano e tamén as parroquias para repartir maxia e sorrisos. Dende a praza Bugallal o tren da ilusión sairá ás 10:30, ás 11:15, 12:00, 12:45, 18:30 e 19:15 horas para percorrer coa súa ledicia as rúas do centro urbano.

Pola tarde a partir das 16h sairá dende o barrio de Valverde de Santiago de Oliveira para visitar San Lourenzo de Oliveira, ás 16:40 horas percorrerá Celeiros sendo o punto de partida o torreiro das festas e ás 17:15 horas tamén dende o torreiro de Guillade arrancará unha nova ruta.

O domingo día 6 o tren da ilusión volverá ás parroquias con distintos puntos de saída: ás 10:20 horas dende o centro cultural de Moreira, ás 11 horas dende o centro cultural de Cristiñade, ás 11:45 horas dende o centro cultural de Guláns e ás 16 horas dende o centro cultural de Fozara para continuar cun novo punto de partida ás 17:00 horas na capela de San Francisco en As Cortellas e ás 17:30 horas no torreiro de Padróns. Nas Cortellas o tren da ilusión acompañará o Rancho de Reis pola parroquia. 

Este ano por primeira vez a Concellería de Cultura en colaboración coas casas e centros culturais ampliou a programación tamén as parroquias: Luces, maxia, teatro,  canto coral e o Tren da ilusión visitan as parroquias de Ponteareas nun afán de extender a programación cultural ao conxunto do municipio. A concelleira adianta que de ser satisfactoria a actividade do Tren da Ilusión en vindeiras edicións ampliarase a máis parroquias, comenzado este ano polas parroquias que están alonxadas.

Pero ademais, mañá venres día 4 de Xaneiro durante todo o día o concello celebra na carpa da Praza Maior o día do Neno en colaboración con Banastra. Actividades lúdicas e didácticas para todos e todas as cativas que se acheguen ao longo de todo o día. 

Visita dos Bolechas

Por primeira vez tamén haberá o domingo día 6 abalgata dos Magos de Oriente en Areas a partir das 10:30 horas e no centro cultural de Xinzo a partir das 16:30 horas.

Ás 18 horas os Bolechas visitarán o auditorio municipal para despedir con todos os pequenos e pequenas de Ponteareas o Nadal. 

Ademais, o domingo tamén actuará o Rancho de Reis de Guláns ás 12:30 horas no centro cultural e ás 18:30 horas o Rancho de Reis das Cortellas deleitará a todos e todas os que se acheguen a este barrio de Padróns.

O equipo de goberno convida a todas as familias a asistir e participar nos actos festivos que arrancan ás catro e media da tarde con animación de rúa e música.