Os intereses pagados polo Concello correspóndense na maior parte con débedas de combustible que deixaron sen pagar o BNG e o PSOE cando gobernaron

concelloA concelleira de Facenda, Belén Villar González, saíu hoxe ao paso das declaracións formuladas polo concelleiro nacionalista, o Sr Represas, en relación coa sentencia que obriga o Concello a pagar 23.951 euros a unha empresa de combustible.

Explica a responsable de Facenda do Concello de Ponteareas que a sentencia prodúcese despois de que os servizos xurídicos deste Concello fixeran varios recursos de apelación o entender que gran parte da cuantía que reclamaban non era correcta, por elo non foi incluida esta débeda no Plan de Pago a Proveedores.

En ningún caso, este Goberno pretende non pagar as obrigas que ten este Concello, tanto as que proveñen da súa xestión como as obrigas que proveñen da xestión doutros Gobernos, pero sempre que exista dúbida e así quede reflexado nos informes xurídicos, loitará pola defensa dos intereses municipais, non asumindo mais débedas que as que proceda.

A Concelleira de Facenda quere tamén informar o Sr Represas, “por se non o sabe” que mais do 51% do total da débeda reclamada, que orixinou estes intereses corresponde a facturas dos anos 2002, 2003 e 2004 e, dado que o seu grupo formou parte do goberno bipartito BNG-PSOE entre os anos 2003 e 2004, puideron ter feito fronte a eses pagos no seu momento e evitar a maior parte destes intereses de demora, dado que as débedas mais antigas son as que orixinaron mais intereses.

O que queda claro, unha vez mais, é que o BNG, non fai mais que demagoxia e minte constantemente confundindo os veciños, xa que o Sr Represas non debe esquecer que este Goberno municipal xa pagou o principal das débedas de combustible que eles deixaron sen pagar, e agora ainda tivo que facer fronte os intereses polos atrasos no pago das facturas que na súa maior parte son dos anos 2002, 2003 e 2004, e que o BNG e o PSOE si hubesen xestionado correctamente durante os anos que gobernaron, cando menos habrían pagado as obrigas que eles xeneraron, e que hoxe ocasionan intereses.