Os hostaleiros de ponteareas premian aos participantes da ruta de pinchos: sabores de outono

IMG_6621O Concello de Ponteareas, foi o lugar escollido, polos representates da Asociación de Hostalaría e Turismo do Condado, para facer entrega dos premios aos catro agraciados, que durante os 21, 22, 28 e 29 de novembro pasado, participaron na Ruta de Pinchos: Sabores de Outono, que organizou a asociación.

Acudiron ao acto, o alcalde ponteareán, Salvador González Solla, a concelleira de Comercio Marisol Valado, a concelleira de facenda e persoal, Belén Villar;  así coma varios membros da Asociación de Hostaleiros, entre eles, o seu presidente, Isidoro Pino; ademais de Iago González, delegado comercial de Adegas HGA.

A ruta de pinchos, converteuse nunha festa preNadal, que fixo que a xente da comarca, se topase cun inmellorable motivo, para saír á rúa e percorrer unha ruta de bares e restaurantes que ofreceron a súa mellor versión en forma de: carrilleira ibérica con crema de castañas, xabarín con castañas, segredo de porco con pementos, hamburguesa de cervo con cebola caramelada e marmelada, xudías con boletus, setas salteadas con xamón ou orella de porco.

 

Ademais de degustar uns pinchos tan outonales, os adscritos á ruta, tiveron a oportunidade de participar nun sorteo de catro premios: unha noite de hotel no balneario Aguas Santas de Pantón, con visita ao circuíto termal incluido, así coma á adega Regina Viarum e a unha degustación de viños; unha caixa con tres botellas denominación de orixe; unha cesta de Nadal e unha cea para dúas persoas, nun dos locais da ruta.

 

Os premios foron entregados ante a ledicia dos afortunados que, aseguraron, volverán a participar en vindeiras edicións. Isidoro Pino amosouse optimista ao respecto, anticipando unha nova ruta en novembro deste ano, “empurrados polo éxito de participación da ultima edición”.