Os emprendedores terán o seu propio espazo na Praza Maior

O goberno de Ponteareas e a Seguridade Social realizan os últimos trámites necesarios para que a segunda segunda e a terceira pranta do edificio da Praza Maior pasen a ser de titularidade municipal, un gran avance para a cidade que non conta con edificios en propiedade para ofrecer servizos máis amplos á cidadanía.

Nestes intres Tesourería da Seguridade Social está tramitando a división horizontal do edificio para posteriormente formalizar a venta ao Concello. Este acontecemento supón un feito case histórico xa que dende hai lustros o concello non amplia patrimonio.

Con esta iniciativa o goberno materializa un dos obxectivos enmarcados na estratexia de obter infraestruturas que permitan desenvolver novas iniciativas e servizos demandados pola veciñanza.

Nestas dúas prantas do edificio da Praza Maior, ubicarase un servizo de smart lab e un espazo para o coworking no que os emprendedores e as pequenas empresas atopen un espazo tecnolóxicamente eficiente para poder desenvolver o seu traballo. 

O goberno de Ponteareas abrirá un proceso de participación no que a veciñanza axudará a determinar os mellores usos que se poidan dar a este céntrico e estrátexico espazo.

“Ofrecer espazos nos que poder traballar, nos que poder interactuar e tendo acceso ás últimas tecnoloxías que nos fagan competitivos é un dos obxectivos marcados na estratexia Ponteareas, Hábitat Saudable. Permitir que a nosa mocidade e que os emprendedores atopen un lugar para o traballo preto de todos os servizos é imprescindible para medrar”, explica Xosé Represas, Alcalde de Ponteareas, engadindo ademáis que con esta iniciativa dinamizarase o entorno da Praza Maior con novas actividades.

Ademais, o goberno de Ponteareas, á espera dos informes e permisos de Patrimonio, avanza na rehabilitación para a mellora enerxética da biblioteca e do conservatorio e leva a pleno este martes a aprobación da solicitude ao Fondo de Cooperación. Tamén traballa neste senso na rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética da escola infantil estando pendentes dos permisos da administración autonómica.

“Chegou o momento de que os fondos europeos da estratexia Ponteareas, Hábitat Saudable, comecen a materializarse e que todos os veciños e veciñas poidan comezar a desfrutar da transformación e modernización nunha cidade máis sostible e máis amable”, engade Xosé Represas.