A agrupación de voluntarios de Protección Civil Ponteareas recibíu unha formación sobre lexislación e primeiros auxilios para ofrecer un mellor servizo á cidadanía.
En xornada de mañá e tarde, os voluntarios recibiron da man de Alejandro Caldeiro formación en primeiros auxilios e da man de Leticia Montero coñecementos sobre lexislación relacionada coa actividade que desempeñan.
O curso foi impartido no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) totalmente de balde. Protección Civil Ponteareas adianta que nos vindeiros meses, ademais de asistir aos cursos e actividades de formación que ofrece a AGASP, participará tamén en obradoiros sobre accidentes, xornadas sobre actuacións en incendios e cursos de apoio psicolóxico para actualizar os seus coñecementos e intervir cun apoio máis eficaz.
As accións de formación nas que participan axudan tamén aos voluntarios a afrontar as situacións nas que colaboran con maior seguridade e confianza. “Cos obradoiros e cursos gañamos en confianza, coñecementos e destreza ademais de recordar e practicar atitudes e exercizos que son necesarios para a vida cotidiá nos operativos, uxencias ou emerxencias nas que actúan en colaboración con outros corpos de emerxencia”, explican dende Protección Civil Ponteareas.