Os e as ponteareás celebran o Día das Letras Galegas

A concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística convida a toda a veciñanza a celebrar o Día das Letras Galegas que este ano homenaxea á poetisa María Victoria Morena. Hoxe mércores o alumnado de Ponteareas da man dos alfombristas confeciona unha alfombra floral na Praza Maior. Pola tarde ás 17:30 horas animación infantil no parque da Perillana e ás 19:30 horas roteiro literario na Praza Maior coordinado por Roi Vidal.

Mañá xoves 17 ás 11 horas na praza Maior exposición de maios e animación co grupo folclórico “Os Muíños de Oliveira”. Ás 17 horas na Praza Maior obradoiro “xoga en galego” e incháble. Ás 20 horas no auditorio haberá concerto de percusión.