Cunha festa infantil, animación, música e centos de globos o parque da Perillana abre as súas portas. O goberno de Ponteareas convidou a todas as familias á inauguración do parque que tivo lugar hoxe día dous ás 17 horas cunha festa infantil. A mellora da calidade de vida dos máis novos é fundamental para este goberno xa que son o futuro de Ponteareas. Seguindo as directrices marcadas na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” o goberno apostará sempre pola implantación de áreas de convivencia e participación, a mellora de espazos que faciliten a socialización e promovan hábitos de vida saudables.
O parque infantil da Perillana conta con novos xogos diferentes ocupando unha maior superficie cun chan de caucho que foi renovado por completo.
Na obra retiráronse os xogos deteriorados incorporando elementos de xogo novidosos, algúns adaptados a menores con mobilidade reducida, incorpora unha tirolina cunha caída dun metro para nenos e nenas maiores de cinco anos, unha casa árbore, unha formiga tobogán, balancíns e montañas con camas elásticas e tobogáns en acero inox, entre outros elementos.
Todos os xogos son de materiais antideslizantes e dispóñense de xeito que faciliten a socialización dos cativos e cativas e con cores uniformes para a súa integración nunha contorna de elevando valor patrimonial.
O entorno do parque infantil mellorouse tamén coa colocación de bancos e papeleiras que completa un orzamento de 57.003€.
O goberno do BNG-PSOE traballa para construir unha vila deseñada pór e para toda a cidadanía na que todos e todas conten e donde a veciñanza poida participar e aportar seguindo as liñas estratéxicas de “Ponteareas, Hábitat Saudabel” financiada polos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.