Os bombeiros levan ao rural a campaña de prevención en detección de fumes

A concellería de Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández imparte en colaboración cos Bombeiros de Ponteareas charlas informativas dentro da campaña de prevención en detección de fumes. 

Vanesa Fernández insiste na importancia da prevención e de informar e formar á veciñanza para que saiban reaccionar ante o suceso e poidan mesmo evitar un incendio tomando as primeiras medidas de urxencia máis axeitadas. 

Hoxe martes día 6 visitarán a parroquia de Pías ás 20horas no centro cultural e ás 21 horas estarán en Fozara.

Mañá mércores día 7 ás 19:45 os bombeiros explicarán á veciñanza de Santiago de Oliveira e ás 20:30 horas a de San Lorenzo de Oliveira rematando en Cumiar ás 21:15 horas.

O xoves día 8 ás 20 horas estarán en Celeiros e ás 21 horas en Guillade.

O venres día 9 ás 20 horas é o turno de Padróns e ás 21 horas en Ribadetea.

Os bombeiros repartirán entre os asistentes detetores de fume para os fogares.