Os bombeiros de Ponteareas extinguen un incendio producido nunha nave industrial

Os Bombeiros de Ponteareas, dependentes da Concellería de Seguridade Cidadá, Policía Local e Garda Civil asistiron onte a un incendio  industrial rexistrado no lugar da Lomba en Areas. 

Alertados á 04:35 h. polo 112 que recibíu a chamada dun particular que vía arder unha nave dende a N-120 en dirección Ponteareas-Porriño os bombeiros de Ponteareas acudiron ao lugar da Lomba.

A súa chegada á nave dunha empresa de deseño publicitario os bombeiros atoparon a nave industrial en chamas e co tellado completamente caído. Tras forzar a persiana metálica da entrada os bombeiros puideron acceder ao interior e realizar as labores de extinción de incendios que remataron ás 07:30 horas.