Os bombeiros asisten a unha incidencia por fume ao arder unha tarteira

Os bombeiros de Ponteareas foron alertados arredor das 00:15 horas por un particular que víu como saía fume por debaixo da porta de entrada dunha vivenda nun edificio da rúa Bouza Brey. Ao aviso acudiron unha dotación dos bombeiros e a Polícia Local acompañados do propietario da vivenda que se atopaba nos arredores e ao ver chegar aos efectivos de seguridade alertouse. Él mesmo abríu a vivenda na que se atopaba o seu fillo durmindo e unha tartera ao lume que xa estaba consumida e producíu danos por fume.

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais pero os bombeiros de Ponteareas insisten na importancia de tomar precaucións e recomendan a instalación de detetores de fume e monóxido que axudan a evitar incidencias e este tipo de sucesos.

A Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, estuda realizar diferentes accións de concienciación e prevención neste sentido.