Os Bocados de Outono arrancan dispostos a conquistar os paladares máis esixentes

nor

A concellería de Comercio e Hostalería que dirixe Inés Vidal presenta unha nova edición de Bocados de Outono que logo do éxito do ano pasado amplía a súa duración para ofrecer durante tres fins de semanas seguidos os mellores pinchos de tempada.

Doce locais e vinte propostas gastronómicas conquistarán os paladares máis esixentes da área metropolitana.

Receitas suculentas e con produtos de tempada que ofrecerán a clientela unha mostra do bo facer da hostalería de Ponteareas.

Cunha ampla variedade que vai dende receitas tradicionais a pinchos innovadores que espertarán a curiosidade dos paladares.

O lacón e os grelos pisan forte podéndose degustar en hamburguesa ou tosta. Os cogumelos, as castañas, o millo, o solombo e un sinfín de ingredientes serán combinados para sorprender aos que queiran desfrutar dos mellores bocados do outono.

O Mama Fina, Casa Ferreira, A Casa da Triga, a tapería O Muíño, a viñoteca Eira Vella, a tapería MacDona, Quo Vadis, A Xanela Gastronómica, a cervexería Balú, a bocatería McBuba, a tapería A Fragha e a cafetería Cortiñas son os vintes locais donde poderán degustar os pinchos da IV ruta Bocados de Outono.

Unha iniciativa da concellería de Hostalería que xurdíu co obxectivo de promocionar a gastronomía local e os negocios hostaleiros que atraerá a visitantes de toda a área metropolitana a Ponteareas.

A concellaría repartíu cartaces e folletos informativos coa ruta, as tapas e os locais participantes, entre outras accións promocionais, para chegar ao maior número de público posible.

Inés Vidal agradece a todos os locais participantes a súa colaboración e a ilusión depositada en cada proxecto e aposta unha vez máis polo traballo da man da hostalería coa que mantivo reunión previas para deseñar esta nova edición.

A IV ruta Bocados de Outono entregará tres grandes agasallos grazas ao sorteo no que poderán participar todos os que degusten as tapas. Un primeiro premio cunha visita para catro persoas ao ecoparque multiaventuras de Marín; un segundo premio cunha cea para dúas persoas no palació da auga en Mondariz e un terceiro premio de menú degustación para dúas persoas no restaurante A Xanela Gastronómica.