O goberno de Ponteareas inaugurou a exposición “Historia dunha emigración difusa. 500 anos de emigración a Lisboa” enmarcada na programación da segunda edición de Ponte a Portu-Gal que se pode visitar no auditorio municipal.
O centro cultural de Guillade acolle ás 20:30 horas a proxección do documental “Galegos en Lisboa. A historia xamais contada” de Xan Leira.
O sábado día 28 no centro urbano ruada da treboada do Baixo Miño e ás 22 horas no auditorio municipal concerto de Najla Shami e a continuación concerto de María do Ceo.
O domingo día 29 ás 19 horas no centro urbano ruada do grupo folclórico Barcelinhos e ás 20 horas no auditorio municipal concerto do grupo folclórico Barcelinhos e Voces do Arrieiro.