Os alumnos da Escola de Alfombristas recibiron os seus diplomas de Corpus

diplomas-alumnos-escola-alfombristas-2O concelleiro de Cultura do municipio, Andrés Sampedro Fernández, foi o encargado de facer a entrega dos diplomas aos 39 alumnos da Escola de Alfombristas, que por sétimo ano consecutivo confeccionaron o seu tapiz en fronte do Mercado Municipal.

O acto tivo lugar no Centro Social da vila este mércores 10 de xuño e serviu para que o concelleiro de Cultura lembrara “a importancia desta escola porque representa o relevo xeracional necesario para que a maior festividade de Ponteareas siga gozando de boa saúde no futuro”. Sampedro tamén quixo “pór o acento na faceta integradora desta escola, que permite que nenos e maiores convivan na noite do Corpus e nos meses previos, compartindo todos eles un obxectivo: promocionar o Corpus da mellor maneira posible.”foto015-copia

O alcalde ponteareán, Salvador González Solla, salienta o feito de que “estes nenos e nenas aprendan dende cativos as diferentes técnicas de alfombrado, de xeito que sexan conscientes da altísima calidade que teñen as alfombras de Ponteareas con respecto a outros lugares”. Unha calidade que, no caso da Escola de Alfombristas e segundo o propio Solla, “aumenta ano tras ano”.

Nesta ligazón é posible visualizar as 24 alfombras confeccionadas neste Corpus 2015.