Os afectados polos incendios contan cun teléfono, un mail e persoal para recoller as incidencias

O goberno de Ponteareas visita as zonas afectadas polos incendios para avaliar os danos producidos e coñecer da man dos afectados a situación.

Acompañados por empregados municipais, o Alcalde, Xosé Represas; a Tenente de Alcalde Chus Garrote; a Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, e o Concelleiro de Medio Rural, Manolo Troncoso, visitaron onte as parroquias de San Mateo e Guláns para seguir na tarde de hoxe e nos vindeiros días co resto das zonas afectadas. 

Coa intención de ofrecer un servizo personalizado e de calidade, o goberno habilitou un teléfono para os afectados dos incendios, 687764206 (medio ambiente), e un correo electrónico medioambiente@ponteareas.gal

Ademais, os que o prefiran poden achegarse ao Concello donde serán atendidos por unha persoa de medio ambiente en horario de 09:00 a 14:00 horas. 

Ante as chamadas de interés recibidas, o Concello de Ponteareas habilitou dende hoxe un formulario na súa páxina web para todos os que estean interesados en colaborar nas labores medioambientais de recuperación das zonas afectadas polos incendios poidan inscribirse e ser contactados e informados das diferentes accións http://ponteareas.gal/formulario-alta-voluntariado-recuperacion-incendios/