Orientación laboral para as mozas e mozos de Ponteareas e a Comarca

A concelleira socialista de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, salienta a labor da Orientadora Laboral no futuro profesional dos nosos mozos e mozas

A concelleira socialista de emprego e formación, Vanesa Fernández, iniciou dende comenzo de ano diferentes charlas nos centros educativos de Ponteareas e da Comarca para a orientación laboral dos nosos mozos e mozas.

Dende o Departamento de Orientación Laboral do Concello de Ponteareas, a través da orientadora laboral, Isabel Illán; estanse levando a cabo, as  diferentes charlas de Asesoramento Vocacional e Formativo aos alumnos e alumnas dos últimos cursos de diferentes Institutos do Condado, tal e como se detalla a continuación:

– 3 de febreiro en IES Pazo Merce (As Neves) alumnado de Ciclos de Administrativo e Informática.

– 9 de marzo EFA A Cancela (As Neves) alumnado de Ciclos de Administrativo y Panadería.

– 24 marzo CIP A Granxa (Ponteareas) alumnado de Ciclos de Jardinería, Viticultura, Forestal, Educación Ambiental y Paisajismo.

– 12 mayo A Cancela (As Neves) alumnado de  Ciclo de Aux. Enfermeira.

O contido destas charlas  divídese en dous grandes bloques, un formativo e outro laboral.

No bloque formativo abárcase a formación regrada e non regrada, centrando as explicacións nesta última, informando aos alumnos da Formación para o Empleo á  que poden acceder a través de distintos portais institucionais, unha vez finalicen os seus estudos.

O Bloque Laboral divídese en emprego público: convocatorias fixas e temporais nas diferentes Administracións Públicas; e privado: que comprende dende o primeiro  emprego -a través de becas, prácticas..- ata a busca de emprego xenérica e específica por sectores –portais de emprego, clusters empresariais, asociacións…

A concelleira salienta a importancia destas charlas que “poden abrir uns amplos espectros profesionais para todos os mozos e mozas que son o noso presente e o noso futuro”. A concelleira anima a todos os que precisen orientación a acudir ao Centro de Desenvolvemento Local e solicitar cita coa orientadora laboral a quen define como “unha profesional con ampla experiencia que é coñecedora da realidade laboral que nos rodea e as distintas posibilidades ás que poder optar”.