Ponteareas prepara o espectáculo de agosto

cabalarUn ano máis, a “Xuntanza Cabalar de Celeiros”, coa colaboración do  concello de Ponteareas, están a preparar un dos eventos mais destacados do verán, que terá lugar os vindeiros 1, 2 e 3 de agosto.

Na derradeira reunión  de presentación das actividades,  que tivo lugar no salón de actos do concello, participaron, o alcalde Salvador González, a concelleira de comercio  Marisol Valado e o concelleiro de deportes Alberto Novoa. Estiveron acompañados polos membros da Xuntanza Cabalar Victor Pereira, presidente, José López, tesoureiro e os vocais: José Nives, Salvador Francisco e Mª Isabel Infante.

Os actos da xuntanza deste ano, que unha vez mais se desenvolverán, na carballeira de Celeiros e tamén polas rúas de Ponteareas, abranguen un amplo repertorio  de actividades para todas as idades, destacou o presidente da “Xuntaza”, que espera se superen os 4000 participantes do pasado ano.

O programa arranca o 1 de agosto coa actividade de “O Rastrexo”,  na que poderán participar dunha actividade nocturna a partir das nove da noite, tanto xoves coma nenos, acompañados dun adulto.

O día 2, a partires das 16 horas, terá lugar o “Rastrexo a Cabalo”, para logo pola noite, cear, e disfrutar do espectáculo do doma, a cargo do xinete gaditano, Miguel Romero Gil.

O Domingo 3, terá lugar a marcha “Ponteareas a cabalo”, saindo desde celeiros 10:30 e chegando a Pontearas a partir das 11 horas  Nesta marcha, participaran xinetes e carretas de diferentes lugares da provincia e o norte de Portugal, que nun número aproximado de 150, farán un pase polas rúas do centro da vila, para que todos os veciños e veciñas disfruten dos cabalos. Logo, comida na carballeira con precios populares. Tamén haberá xogos, exibicións e o espectaculo  “Soñando a Cabalo “ da compañía Tomas Besada. Non podía faltar por suposto, a  música, coa intervención do grupo Vai de Baile..

O alcalde ponteareán agredeceu aos organizadores o esforzo que están a facer na organización destas actividades que xa son  un referente para Galicia e o norte de Portugal.

Pola súa banda a concelleira de comercio subliñou “o importante impacto que ten este tipo de actividades, que vai mais aló da copoñente lúdica e festiva, repercutindo directamente na economía local”, e agradeceu as asociacións parroquiais, comerciantes, hostaleiros, etc… o seu apoio e colaboración para a organización deste tipo de actividades.

O concelleiro de deportes Alberto Novoa, manifestou o gran interés deste programa, porque para moitos dos mais novos, ábrese unha porta hacia as actividades deportivas e o ar libre.

Solla, Valado e Novoa, animaron a todos os Ponteareáns e aos que nos visiten nesas datas a participar deste fermoso evento.