A OMIX oferta un curso de creación de blogs

A Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX), dependente da Concellería de Mocidade que dirixe Verónica Carrera, organiza un curso de creación de blogs os días 18, 19, 25 e 26 de setembro. O horario será de 16:00 a 18:30 h. O lugar onde se impartirán as  clases será a Sala Multiusos da Biblioteca Municipal de Ponteareas. As/Os interesadas/os poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Rúa A Perillana 9/11 ou ben chamando ao 672105468.

No obradoiro trataranse diversos aspectos que introducirán ao alumnado no concepto de blog e nas súas características, nos diferentes tipos de plataformas para crear o blog e o manexo nas plataformas: Blogger y WordPress; nas principais  características e diferencias das plataformas así como a inclusión de vídeos, imaxes, presentacións e diversos arquivos.