Ofrenda floral no monumento a/ao alfombrista

O Corpus 2020 recordou este ano ás alfombristas Mª Carmen Parada García, da Fonte do Baratillo e Amalia Lavandeira Estévez, do Cantón de Boavista, depositando, como cada ano, unha ofrenda floral no monumento ao alfombrista. O Alcalde acompañado polas concelleiras e concelleiros da Corporación, familiares das homenaxeadas e alfombristas asistiron ao acto que pechou a programación das festas do Corpus 2020, unha programación on line que foi seguida por 1.368 persoas dende os seus fogares.