A Oficina Municipal de Información Xuvenil organiza un curso de coaching para mellorar a empregabilidade

O curso terá lugar na sala multiusos da Biblioteca Municipal de Ponteareas, os vindeiros días  19,  21, 23, 26 e 27 de setembro en horario de 18.00 a 21:00 h. Este obradoiro, organizado pola Concellería de Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, é totalmente de balde.

CARTAZ COACHING

O coaching é unha ferramenta que axuda as persoas a lograr os obxectivos que se propoñen, facéndolles tomar conciencia dos obstáculos que teñen e do potencial do que dispoñen para facerlles fronte. De tal xeito, fomenta a responsabilidade cara os procesos de cambio e motiva a consecución de ditos obxectivos.

Esta disciplina pode ser unha ferramenta moi útil para tódolas persoas, que pode axudarlles a mellorar as súas intervencións nos diferentes colectivos cos que traballen, así como fomentar a súa motivación para desenvolver o seu traballo.

As persoas que desexen participar nesta actividade deberán inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas, a través do enderezo electrónico: omix@ponteareas.es, ou chamando ao número de teléfono 672 105 468.