Obradoiros infantís de balde nas parroquias

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista convida aos máis pequenos e pequenas de Pontearas a participar nos obradoiros de balde que se imparten nas diferentes casas culturais das parroquias. 

Dentro da programación de outono, as nenas e nenos a partir dos cinco anos poden participar nos obradoiros infantís que se desenvolverán na casa cultural de Prado, na de Areas, na de Guláns, Bugarín, Xinzo, San Mateo, Cristiñade “Antorcha” ou Guillade.