Obradoiros de bordado ao aire e poesía galega na biblioteca

A concellería de Cultura e Lecer que dirixe Hortensia Bautista organiza dous obradoiros de traxe tradicional galego.

O primeiro “obradoiro de bordado ao aire” desenvolverase na biblioteca municipal todos os xoves do mes de novembro de 16:30 a 18:45. Neste obradoiro as e os alumnos aprenderán as técnicas para a eleboración dun mostrario de deseños tradicionais partindo dun nivel básico ata conseguir bordar aplicacións de grande dificultade e beleza.

O segundo “elaboración dunha Vasquiña” desenvolverase na biblioteca municipal todos os xoves do mes de novembro de 19:00 a 21:00. Neste obradoiro ensinarase ao alumnado a marcar patróns, cortar tecido, e todo o relacionado coa confección desta peza.

Por outro lado, tamén se celebrará un obradoiro de poesía galega contemporánea na biblioteca municipal os martes de 17:30 a 19:30 dende o mes de novembro ata maio. Neste obradoiro de creación poética combinarase a lectura de textos poéticos, un club de lecturas e creacións propias.

As prazas para os dous cursos son limitadas e as persoas interesadas en participar deben inscribirse antes do 31 de outubro nas oficinas de Cultura situadas na rúa Perillana 11, no enderezo electrónicocultura@ponteareas.ese no teléfono 672105472 ou 618705639.