Obradoiro de maquillaxe de caracterización no parque da Feira Vella

Cartaz con info sobre o Obradoiro de Maquillaxe

A actividade está dirixida a mozos e mozas maiores de 12 anos

O Concello de Ponteareas, a través do programa Mocidade Viva, ofrece un obradoiro de maquillaxe de caracterización de efectos especiais totalmente de balde para toda a mocidade que se achegue ao Parque da Feira Vella o vindeiro venres 27 de maio.

 

Dende as 20:00h os mozos e mozas poderán iniciarse no mundo dos efectos especiais aprendendo a realizar maquillaxe tan espectacular e tan demandada en sectores como o do cinema para simular feridas, queimaduras, disparos ou cortes.

 

Para asistir a este obradoiro é necesaria inscrición previa enviando un correo electrónico a mocidadeviva@ponteareas.gal.

 

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, sinalou que “con este obradoiro, o programa Mocidade Viva continúa o obxectivo de ofrecer unha ampla variedade de actividades saudables e alternativas, combinando o lecer e a formación das mozas e mozos ponteareáns.”