Obradoiro de iniciación á maxia, o mércores 27 na Biblioteca Municipal

Cartel Obradoiro de Maxia PonteareasO vindeiro mércores, 27 de maio, terá lugar un obradoiro de iniciación á maxia denominado “Aprende a ser mago”. A actividade está dirixida a nenos maiores de 6 anos e dará comezo ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Todas as prazas están xa cubertas, confirmando unha vez máis a boa acollida que teñen este tipo de obradoiros entre os pais e nais ponteareáns con fillos comprendidos entre os 6 e os 12 anos. Trátase dunha actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüística, dependente da Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro.