Obradoiro de escrita creativa na biblioteca de Ponteareas

A concelleria de Cultura do Concello de Ponteareas organiza desde a biblioteca municipal un obradoiro de escrita creativa impartido polo filólogo, poeta e dramaturgo Roi Vidal.

O obradoiro desenvolverase a partir do 15 de novembro tódolos mércores de 19:00 a 21:00 horas. Tod@s os maiores de 14 anos que queiran inscribirse deberán facelo ata o 14 de novembro na biblioteca de Ponteareas ubicada na rúa Perillana nº11  ou no enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es ou no número de teléfono 673 79 47 62.

As prazas son limitadas.