Obradoiro de “Contos con imaxes” na Biblioteca Pública Municipal, dentro do “Mes de Maio, Mes das Letras”

cartaz contando con imaxesEste xoves, ás 18:00 horas, os nenos e nenas de Ponteareas poderán gozar dun obradoiro de contos, a través de imaxes, a cargo da ilustradora Noemí López, no que se poderá crear un conto con imaxes que axudarán a crear e imaxinar o conto. Esta actividade está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas e programada dentro do programa da Xunta de Galicia “Ler Conta Moito”, dentro das actividades de animación á lectura.

Este obradoiro levarase a  cabo na Biblioteca Pública Municipal e está dirixido a nenos de catro anos en diante.