Obradoiro de chapas na Praza Maior

A concellería Ensino que dirixe Cristina Fernández convida a todos os nenos e as nenas e aos mozos e as mozas a participar no obradoiro de chapas que se desenvolverá mañá venres 17 de maio na Praza Maior totalmente de balde.

Os e as participantes plasmarán nunha fermosa chapa unha alfombra floral de Corpus iniciándose, á vez, no deseño desta arte efímera legado dos nosos maiores.

De 11:30 a 13:30 achégate á Praza Maior e participa!