O VII Torneo de Tenis “Vila do Corpus” remata cunha elevada participación de xogadores de toda Galicia

O pasado sábado disputáronse nas pistas da Freixa as finais de absoluto masculino e feminino, cadete masculino e feminino, alevín e veteranos

A VII edición do torneo de tenis Vila Do Corpus chegou o seu fin este pasado sábado coa disputas das finais das diferentes categorías. Miguel Rivas venceu a Iago Salvador en absoluto masculino; Carla Del Barrio impúxose na final a Clara López en absoluto feminino; en cadete masculino Julian Villamarín derrotou a Adrian Perdiz; e na mesma categoría feminina Rebeca Baliña gañou a Elsa Corral; mentres Alejandra Vázquez venceu a Maria Del Cueto en alevín; e, por último, en veteranos Miguel A. Cameselle superaou a Manuel Vázquez.

As pistas da Freixa acolleron unha “fantástica tarde” no remate dun torneo consolidado que contou con 115 xogadores de toda Galicia. Na entrega de agasallos estivo presente o concelleiro de Deportes, Benito Márquez. “Un ano máis Ponteareas demostrou que é capaz de consolidar un torneo e ser centro do tenis afeccionado en Galicia”, sinalou o edil.