A concellería de Hostalería, Consumo e Comercio e a organización do Festival Rock in Río Tea pechan o ciclo de concertos de rúa celebrados como antesala do arranque do festival e que permitiron ter música en directo nas rúas e prazas de Ponteareas nos arredores dos locais de hostalería colaboradores.
Durante cinco sábados todos e todas poidemos gozar da música rock grazas á iniciativa da organización que xunto coa concellería de Hostalería dirixida por Inés Vidal levaron o rock de tourné por Ponteareas.
Co obxectivo de promocionar a hostalería de Ponteareas a concellería involucrouse ao 100% coas propostas do Rock in Rio que xa comeza coa conta atrás ata o día 20 e 21, días da grande cita.