O traballo dos tres IES no marco do ERASMUS PLUS acada unha calificación de “sobresaínte”

A concelleira de Ensino felicita aos centros educativos e a toda a comunidade implicada

A concelleira de Ensino e tenenta de alcalde Cristina Fernández quere felicitar ao equipo docente, alumnado e familias que participaron no ERASMUS Plus por ter acadado unha alta calificación e valoración por parte da SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación).

Este organismo avaliou o traballo realizado polo equipo ponteareán en aspectos como a calidade da implementación, o impacto, a difusión e a relevancia do proxecto outorgando un total e 81 puntos e un valoración cualitativa do informe final de “Moi ben”.

Cristina Fernández traslada os seus parabéns aos tres institutos de ensino secundario en especial ao profesorado implicado e tamén ao resto da comunidade educativa participante por deixar o nome de Ponteareas no máis alto e ser capaz de facer deste proxecto de ensino unha experiencia persoal e cultural chea de bos recordos.

Unha vez máis os nosos centros educativos e o noso alumnado fainos sentir orgullosos do seu traballo. Dende a concellería de Ensino seguiremos respaldando estas iniciativas e apoiando a formación que complete os seus esforzos e que dea resposta as súas inquedanzas”.