O torneo benéfico “Todos con Jairo” inaugurará oficialmente as novas pistas da Freixa

O campionato está organizado polo Club Tenis Ponteareas e o prezo de inscrición é de 5 euros

 

DSC_0008A inauguración oficial das novas pistas de tenis da Freixa terá formato benéfico e servirá para que o diñeiro recadado a través dos 5 euros que vale cada inscrición individual vaia destinado a financiar o tratamento de Jairo, un rapaz adolescente con discapacidade a causa dunha hemorraxia cerebral que sufriu cando só tiña 4 meses de vida.

 

O torneo denomínase “Todos con Jairo”, está organizado polo Club Tenis Ponteareas e conta coa colaboración da concellería de Deportes que xestiona Benito Márquez. O prazo de inscrición estará aberto até o vindeiro 8 de marzo a través do número de teléfono 630 188 066 ou no email clubtenisponteareas@hotmail.com e os cartos “servirán para mellorar a calidade de vida dun rapaz e dunha familia pola que levan moitos anos loitando e que merecen conseguir”, tal e como afirma o presidente do club, Manuel Regueira.4e13dde323d9411f191031ce0e396e05

 

O campionato celebrarase entre os días 11 e 20 de marzo e contará con dúas categorías de sénior masculino e feminino. O concelleiro de Deportes no Concello de Ponteareas, que participou na presentación do torneo, quixo “animar a todos aquelas persoas afeccionadas ao tenis a participar por dous motivos: a máis importante porque permite axudarmos a Jairo e á súa familia, e a segunda para que proben as novas pistas da Freixa”.