O tenista Jorge Hernando e a tenista Adriana Subías proclámanse campións absolutos do X Open de tenis Vila do Corpus

Tras dez días de competicións o Open de tenis Vila do Corpus pon fin a súa décima edición repartindo 1.500€ en premios. A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, acompañou ao Club Tenis Ponteareas na entrega de premios da final celebrada este pasado domingo na que no cadro absoluto subiron ao podium o vallisoletano Jorge Hernando que venceu na final a Ricardo Villacorta por 7-6/6-4 e a coruñesa Adriana Subias do C. T ZoonaIndor impóndose a Clara López do Ureca por un doble 6-1, proclamándose ámbolos dous campións do X Open Vila do Corpus.

En veteráns +45 Joaquín Silva vencía na final a Luís De Saracho, os dous do C. T. Tui por 6-3 / 6-1 e na final de veteráns +35 Alfonso Santos da Universidade de Vigo derrotaba a Jorge Eiras de C.I. Mercantil de Vigo por un axustado 7-5 / 4-6 / 10-8.

Na absoluta Jorge Hernando que partía como terceiro cabeza de serie chegou á final tras imporse a David Vidal (6-2/6-3), Iago Salvador (6-1/6-4) e en semifinais ao número 2 do cadro, o asturián Roberto Menéndez por (6-4/7-6) nun partido espectacular para o disfrute do numeroso público. Ricardo Villacorta, número 1 do cadro chegaba á final tras vencer a Ruben Caldas (6-1/6-2). Mikel Martínez (6-4/7-5/6-4) no partido máis longo do torneo e en semifinais derrotaba ao número 1 galego Tomas Currás por un doble 6-4.

A organización, que fai un balance moi positivo desta última edición, agradece a colaboración do concello de Ponteareas e da Deputación de Pontevedra así como a dos patrocinadores.