O sétimo encontro de corais servirá para presentar o primeiro CD da Coral Ars Cantorum

O evento terá lugar o vindeiro sábado 31 de outubro no Centro Cultural da parroquia de Guillade

VII-encontro-corais-2“Te canto, escúchame” é o título do primeiro CD editado pola Coral Polifónica Ars Cantourum, da parroquia ponteareá de Guillade. A presentación deste traballo terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, no Centro Cultural de Guillade, aproveitando o VII Encontro de Corais organizado pola Asociación de Veciños San Gregorio.

Ás 19:00 horas dará comezo un espectáculo no que tamén participarán as formacións Orfeón Vianés, de Viana do Bolo, e a Coral Polifónica de Aveiro, en Portugal. O concerto destas tres agrupacións foi presentado esta mañá na Casa do Concello en presenza do alcalde, Xosé Represas, e da concelleira de Cultura, Hortensia Bautista.

Ámbolos dous representantes salientaron “o enorme traballo da Asociación de Veciños San Gregorio para organizar eventos musicais da calidade desta cita imperdible para todos os amantes da música coral”. Tanto Represas como Bautista animaron tamén á veciñanza a acudir para coñecer “o primeiro CD da Coral Polifónica Ars Cantorum”.

Sara Rodríguez, Guaraní Iglesias, José Manuel Gregores, Javier Alonso e José María Martínez foron os encargados de representar á Asociación de Veciños nesta presentación oficial, destacando que “as 1.000 copias que se venderán deste primeiro CD de Ars Cantorum servirán para ofrecer un traballo variado, con presenza de música galega e de música sacra, entre outras tipoloxías”.VII-encontro-corais

A coral “Ars Cantorum” foi creada no ano 2005 e dirixida por o mestre Javier Alonso e está  formada por trinta voces mixtas con un repertorio que inclúe polifonía tanto relixiosa como popular.

O Orfeón Vianés nace no ano 2000 no Centro socio comunitario de Viana do Bolo e está composto por 24 voces mixtas con un repertorio que vai desde o Renacemento hasta a actualidade baixo a dirección do mestre Víctor Fernández Nogueiras.

A Coral Polifónica de Aveiro é un grupo fundado no ano 1982 e interpreta no seu repertorio unha ampla variedade de diferentes estilos e épocas, dende a coral medieval á renacenza e idade contemporánea, con obras de música sacra, profana e tradicional de autores e países diversos. Actualmente dirixe esta coral o mestre Valdemar Silva.