O Servizo de Normalización Lingüística informa sobre os cursos de lingua galega CELGA

celgaO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, quere lembrarlles a todos os veciños e veciñas que todas aquelas persoas interesadas nos cursos preparatorios para a obtención dos diferentes niveis de Certificados de lingua galega (Celgas) poden pasar polo devandito departamento, onde recibirán información detallada sobre estes e poderán facer a preinscrición para os cursos que se leven a cabo no 2015. Así mesmo, as persoas interesadas nestes cursos e en participar nas probas para a obtención dos devanditos certificados, poden pasar polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, situado no segundo andar da Casa do Concello de Ponteareas onde recibirán a información e o asesoramento necesarios.