O Servizo de Bombeiros de Ponteareas destruíu un niño de avespas velutinas, coñecidas como avespas asiáticas, que fora retirado a semana pasada do Parque de San Roque, en Ponteareas.

os bombeiros en pleno laborO Servizo de Bombeiros de Ponteareas procedeu á destrucción dun avespeiro de avespas asiáticas que a semana pasada fora retirado do Parque de San Roque por efectivos de Ponteareas, en colaboración cos Bombeiros Baixo Miño, do Porriño.

O avespeiro, con dimensións de aproximadamente 40- 50 cms de diámetro, contaba no seu interior con 4 ou 5 paneis repletos de larvas. Os bombeiros de Ponteareas, despois da súa retirada a semana pasada, procederon ao seu conxelado para este domingo levar a cabo o seu corte e incineración para destruír completamente este niño de avespas velutinas.corte do avespeiro

Este avespeiro que estaba situado nunha acacia do Parque de San Roque, a uns 20 metros de altura, fora retirado de noite polos efectivos de Bombeiros a semana pasada, aproveitando que é cando se refuxian no niño, para asegurar que estivesen dentro.

Para a súa retirada, procedeuse primeiramente ao taponamento das saídas do avespeiro con espuma de poliuretano para asegurar que non saíse ningunha e, despois, poder introducilo nun saco para ser conxelado á espera da súa destrucción, tal e como se vén de facer .

Este labor de retirada no que participaron 7 efectivos de bombeiros, entre Ponteareas e O Porriño, resultou moi laborioso debido á situación do avespeiro entre as pólas das árbores e á súa altura, polo que foi necesario contar coa colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño, os cales contribuiron co seu camión plataforma para acceder ao avespeiro.avispeiro en Ponteareas

Ademais deste avespeiro, o Concello de Ponteareas ten constancia da existencia doutros pequenos niños destruídos por apicultores por estar en zonas accesibles, así como doutro, situado na parroquia de Angoares, nunha zona de difícil acceso para o Servizo de Bombeiros municipal, dándoselle traslado ao servizo que ten a Xunta de Galicia para o efecto para que sexa o encargado de destruír o niño, servizo que financia a propia Xunta para eliminar estes avespeiros.

O Goberno Local manterá tamén nestes días unha reunión cos apicultores para buscar a mellor forma de colaboración para paliar os efectos negativos desta praga.